albixoi o febreiro 4th, 2010

Coñezo, vía vimeo, un impresionante documento da intervención do Secretario Xeral de Política Linguística na que intenta, perante un grupo de profesores, facer que comunguen con rodas de muíños. Pero mellor que unha parca explicación, adxúntovos o vídeo para que tiredes as vosas conclusións.
Prégase a maior expansión deste documento.

as aulas e o despacho from SonCine on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Continue reading about A razón da senrazón

albixoi o xaneiro 8th, 2010

Mellor que calquera cousa que puidese eu dicir con cento vinte mil palabras, déixovos unha intervención maxistral de Leo nas xornadas de Ecolingua 2009. Parabéns Leo por esta magnífica exposición da realidade.

Ecolingua 2009: Lingua e culturas emerxentes from IGEA on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Continue reading about Ecolingua 2009

albixoi o xaneiro 3rd, 2010

Este post vai adicado a todos aqueles que insisten na mentira. A todos aqueles que falan da imposición da lingua propia. A todos aqueles que nos queren facer comungar con falsas rodas de muíño. A todos aqueles que identifican galego con imposición e castelán con liberdade. Menten e sábeno. Un bo home dixo unha vez: «venceremos porque temos a razón da nosa parte».
Vía Trafegando Ronseis, coñezo este vídeo que vos deixo para reparar en todo isto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Continue reading about Contra a mentira

albixoi o abril 29th, 2009

Galego

Semellaría algo poético se no país dos mil cruceiros, como moi ben catalogou o mestre Castelao na súa obra As cruces de pedra na Galiza, o noso futuro como pobo non se atopase unha vez máis, e non sei xa cantas van, nunha verdadeira encrucillada existencial. Como se dunha era apocalíptica estivesemos a falar, o Presidente de todos os galegos, ou ben iso tería que ser, o señor Feijoo acaba de dar comezo a pagar os seus favores electorais, favores que o levaron a rexer os destinos deste país. Comezou, e non moi desatinadamente, cos dous factores que poden reactivar unha lingua nunha cultura esmagada: educación e medios de comunicación. Na educación, o noso Presidente –ou mais ben delegado de Xénova en Galiza– instou a que nos centros educativos se impulse a liberdade lingüística. Non entrarei agora nesa falacia de que o castelán corre perigo no noso país. É suficiente con botar unha ollada á realidade deste país para ver cal é o idioma que perde falantes, cal é o idioma que non goza de prestixio, cal é o idioma que sofre un proceso de fagocitación por parte do outro. E non, señor Feijoo, ese idioma non é o castelán.

Por se o do ensino non fose xa unha estocada de morte para o idioma, hoxe vén de lanzar a proposta de privatizar o ente público galego.  Unha manobra estratexicamente calculada  –fundamentada nuns supostos gastos económicos– para rematar co idioma. Porque ben sabe o noso Presidente que a TVG cumpre, alén do labor informativo e de entretemento, unha tarefa de normalización do idioma. Segundo pau ao idioma.

Estas dúas decisións marcan ben ás claras os derroteiros polos que van discorrer as políticas de Feijoo. Eis a nosa encrucillada. Permitimos que Feijoo continúe coa súa política de pago de favores contra os nosos intereses como pobo diferenciado ou optamos por un nihilismo que nos elimine como pobo. Eu teño a miña decisión tomada. Agardo que o pobo galego non opte pola inmolación e acuda masivamente á manifestación do 17 de maio e reivindique como di o eslogan: «Vivamos como galegos».

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Continue reading about Galiza, na encrucillada

albixoi o marzo 5th, 2009

Para collermos uns poucos folgos e rebaixarmos o nivel de tensión destes días. Temos que pensar que xa queda menos para as próximas eleccións. Galiza vencerá.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Continue reading about Un pouco de ánimo despois da marusía

albixoi o marzo 4th, 2009

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Continue reading about Beiras pide a demisión da executiva do BNG

albixoi o marzo 1st, 2009

As forzas de Mordor acaban de gañar a primeira batalla na Terra Media. Elfos e humanos bátense en retirada. Pero esta non é a fin. Só é o comezo dunha nova batalla que teremos que librar nos próximos catro anos. Sauron e o seu servidor Saruman gañaron esta batalla. Pero elfos e humanos erguerémonos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Continue reading about Tempos escuros caen en Galiza

albixoi o marzo 1st, 2009

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Continue reading about Galiza 2009, avance ou retroceso?

albixoi o febreiro 26th, 2009

Teño que dicir que estivo realmente máxico.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Continue reading about Quin na miña cidade

albixoi o febreiro 13th, 2009

Unha moi boa reflexión, a xeito de monólogo, sobre a actual situación do galego e castelán.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Continue reading about Galego e castelán segundo Anxo Quintana