A xeira do sábado 6 de xuño foi un día de grandes contrastes. Por un lado, un tempo case invernal puxo en perigo o que tería que ser unha festa. Por outro, as polémicas decisións que vén tomando o goberno popular contra o galego durante toda a lexislatura. Pero como toda boa historia, o tempo amosounos unha raiola de esperanza: da tarde chea de auga, pasamos a unha tarde de verán. Como contrapunto ás políticas perniciosas contra o noso idioma do PP, os marabillosos discursos de Agustín Fernández Paz e Manolo Bragado a prol do galego. Como lei física, toda acción ten a súa reacción. Tamén a xeira do sábado deixou outro acontecemento senlleiro: por vez primeira, un mesmo autor/a gañaba dúas categorías dos premios Xerais. En Rosa Aneiros recaeu esta insólita situación mercé a dúas obras das que en moi breve tempo darán moito que falar. Pero como di o famoso adaxio: «Máis vale unha imaxe que mil palabras», déixovos a gravación dos excelsos discursos de Agustín Fernández Paz e de Manolo Bragado sobre a nosa lingua. Beizóns para os dous polas súas palabras.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/OdXyLy2vmCY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/xpxx94wsk3o" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/o1nDzyeFqKA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/reW-9u5882s" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Tags:

Olark Livehelp